Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O festival de títeres suspende a programación escolar

RR_Noticias

A reducción nas achegas económicas obrigan a suspender as representacións orientadas aos escolares e a incrementar o prezo das funcións de sala, que este ano serán un euro máis caras. O festival, que se desenvolverá do 19 ao 23 de maio, mantén o seu carácter internacional.

O recorte nas axudas económicas, sobre todo na achega de 18.000 euros que facía a Xunta de Galicia, e a limitada capacidade organizativa do festival, cuxa complexidade foi medrando nos últimos anos, obriga a suspender a programación escolar. Serán máis de tres mil escolares dos colexios públicos de Redondela e Chapela os que se vexan afectados, ao quedar reducida a programación de sala e rúa que se desenvolverá entre os días 19 e 23 de maio. Tamén a consecuencia da diminución nas subvencións, a Asociación Xente Titiriteira, encargada da organización do evento xunto coa Concellería de Cultura, acordou incrementar o prezo das entradas, que este ano custarán cinco euros para o público en xeral e tres para os rapaces. Con todo, dende a organización destacan sobre todo que nesta undécima edición mantense a calidade de anos anteriores apostando pola diversidade e a variedade, con espectáculos de manipulación de obxectos, monicreques de man, luva e variñas,  sombras chinesas ou marionetas de fío que chegarán a Redondela da man de compañías procedentes de todo o planeta. Así está confirmada xa a presenza de artistas de Brasil, Italia, Francia, Arxentina, India, Bélxica, Cataluña e Galicia. Miguel Borines destaca entre as compañía deste ano aos italianos Girovago e Rondella ou a arxentina Valería Guglietti entre outros. Haberá ademais as tradicionais actividades de animación de rúa a cargo da música de os Croquetas ou The Turre’s band.

MIguel Borines de Xente Titiriteira
A diminución nas axudas obriga a eliminar a programación escolar
Programación internacional e variada
Grupos de Brasil Italia Arxentina Francia ou Bélxica estarán presentes no certame

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará