Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar en Cedeira polo estado no que se atopan os viais da parroquia

subida a cedeira

A veciñanza denuncia o mal estado da subida a Cedeira, estrada que parte dende a rotonda da N-552 onde se atopa o Mercadona e que cruza a parroquia ata chegar ao colexio, a igrexa e o Centro Cultural. Unha vía empregada cada día polos residentes da zona pero tamén por pais e nais que se achegan ao centro educativo a recoller aos seus fillos e que denuncian o deterioro do firme “cheo de fochancas”.

Aseguran os veciños que cada día que pasa o firme está en peor estado porque dende o Concello na vez de arranxar a estrada tan só se poñen “parches” tapando algunhas das fochancas “que ao cabo dun par de días volven estar na mesma situación, co paso dos coches e os escorregar da chuvia”. Hai quen tira de retranca e ten colocado unha pequena “xardineira” no medio da estrada que sorprende aos condutores cando circulan pola vía.

As queixas veciñais polas estradas non se restrinxen exclusivamente a esta parroquia. Son numerosas tamén as protestas polo estado da rúa Campo do Choco así como a súa conexión cos institutos e no caso de Chapela as protestas teñen incluso levado a Anpa do Colexio Igrexa a se manifestar para demandar o arranxo dos accesos ao centro educativo.

Dende a Policía Local confirman tamén que son numerosos os veciños e veciñas que teñen presentado denuncia nesas dependencias tras sufrir danos nos seus vehículos a consecuencia do estado das vías municipais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará