O evento celebrarase os días 9 e 10 de marzo e conta cunha ampla programación de actividades pensado para todas as idades. A principal proposta volve ser a exposición de composicións de flor de camelias que se desenvolve nos xardíns e instalacións do Castelo de Soutomaior, pero haberá tamén obradoiros para cativos, paseos guiados e música con Lulavai.
Unha cita anual que é todo un punto de referencia para que as persoas cultivadoras e afeccionadas á camelia. Inclúese como actividade principal a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolven nos xardíns e instalacións do Castelo de Soutomaior, nos centros educativos e no comercio/hostalería local.
Uns escaparates que xa foron observados polo miúdo polas integrantes do xurado que estiveron puntuando e valorando todos os establecementos e centros educativos inscritos, co obxectivo de decidir o gañador ou gañadora de cada unha das categorías.
O xurado salientou o nivel de creatividade e execución dos locais á hora de decorar os seus escaparates e darán a coñecer o seu veredicto o domingo a partir das 18:00 no Castelo de Soutomaior.