Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior descarta que o vertido que tinguiu o Verdugo de marrón fora contaminante

soutomaior2

O alcalde da localidade Manu Lourenzo explica que as investigacións sobre o cambio de cor que se detectaba na xornada do sábado no río Verdugo ao seu paso por Arcade e Ponte Sampaio foi consecuencia da crecida do río motivada polas últimas chuvias. Segundo lle confirmaron dende a UPA Pontevedra “a cor marrón que presentaba a auga era debido ao arrastre de materia orgánica normal nos episodios de choiva acumulada”.

O goberno local amosaba a súa tranquilidade tras confirmarse que non se trataba dun vertido contaminante e que tampouco se detectara mortaldade de peixes. A mancha, dunha cor crema era visible na totalidade da canle do río e provocou moita preocupación entre a veciñanza a quen o alcalde agradeceu “a súa sensibilidade ambiental e colaboración” á hora de denunciar este episodio que nun primeiro momento facía temer a posibilidade dalgún vertido que puxera en perigo a fauna e flora do río. Finalmente, logo de iniciarse as investigacións correspondentes comprobouse que a situación era consecuencia das fortes precipitacións dos últimos días e a erosión e arrastre que esta chuvias provocaban.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará