Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Porriño imponse ao Choco

choco

O equipo de Redondela a piques estivo de lograr o empate na súa visita ao campo do Porriño, pero no minuto 87 un gol de Brilhante daríalle a vitoria ao locais.

Porriño 2-1 Choco

O CD Choco cae ao cuarto posto da táboa logo de perder na súa visita ao campo do Porriño. Un partido que o conxunto local dominou dende o inicio chegando con perigo á meta rival. Con todo, os choqueiros fixéronlle fronte nivelándose as forzas ata que chegaron os goles. Primeiro o Porriño logo dun penalti que converteu Casti. A continuación empatarían os de Redondela tamén cun lanzamento dende o punto de penalti obra de Capelo. Chegábase ao descanso cun marcador igualado a un tantos.

Tralo paso por vestiario os equipo de Redondela dominou nos primeiros minutos pero reaccionou o conxunto local que nunha das últimas xogadas do partido logrou marcar o definitivo 2-1.

Situados no cuarto posto da táboa o Choco ten de cara ao próximo partido unha cita difícil, xa que se desprazan a casa do líder, o Villalonga.

PRIMEIRA GALICIA

Arcade 1-1 Val Miñor

Reparto de puntos no campo do Arcade, equipo que se sitúa na oitava praza da clasificación e que xoga na vindeira semana no campo do Santa mariña.

SEGUNDA GALICIA

Soutomaior 2-0 Bueu

O Soutomaior lograba a vitoria e sitúase na quinta praza do grupo. Xoga na vindeira semana no campo do líder, o Marcón

Monteporreiro 1-0 Cesantes

Os de Cesantes logo da derrota desta fin de semana no campo do Monteporreiro non logran abandonar o último posto da categoría e xogan na vindeira semana na casa, recibirán a outro equipo moi necesitado de puntos, o Xil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará