Os populares reuniron máis de 200 afiliados e simpatizantes nun xantar este pasado sábado co gallo de agradecerlles o traballo levado a cabo na campaña das eleccións autonómicas, onde Redondela “acadou preto de 1.000 votos máis que nas anteriores eleccións do ano 2020”.
Xunto ao presidente do PP de Redondela, Javier Bas estaban os membros da corporación municipal, a deputada provincial Sandra Bastos, o deputado autonómico, Alberto Pazos e os dirixentes do partido a nivel provincial, Luís López e Luísa Piñeiro, presidente e secretaria xeral do PP de Pontevedra.