O proxecto da empresa Minor Galicia S.L. para a instalación dunha explotación mineira na parroquia de Ventín en Fornelos de Montes provocou xa un aluvión de alegacións en contra. A presión social obrigara a esta empresa a desistir hai dous anos de instalar unha canteira en Ventosela
O goberno local de Fornelos, os comuneiros de Ventín e diferentes colectivos ecoloxistas mostraron xa a súa oposición ao proxecto de Minor Galicia por considerar que terá un forte impacto ambiental nunha zona con importantes recursos naturais e advirte que a explotación podería afectar aos mananciais dos que se abastece a traída de augas.
Os veciños e comuneiros da zona mostraron o seu rexeitamento a este proxecto porque afectaría a unha zona de alto valor ecolóxico nas inmediacións da Serra do Suído.
No mesmo senso se manifestaron as asociación ecoloxistas Adenco, Asemblea do Suído, Amigos da Terra e a Federación ecoloxista galega, quen advirten que a concesión desta explotación suporía a esquilmación dos recursos naturais que rodea á actividades a lo menos durante 30 anos.
Os colectivos consideran que a canteira terá un forte impacto nos nacentes do ría Alén, na serra do monte Maior e no Suido, xa que o proxecto afecta a varios hábitats considerados de interese europeo ou prioritarios e a unha unidade etnográfica e paisaxística de gran importancias histórica e cultural.
Este lugar forma parte ademais do Sendeiro das Greas, unha ruta que discorre por todos os municipios da mancomunidade de Vigo. Ademais situar a canteira nunha zona de mananciais afectaría ao réxime hidrolóxico.
A empresa Minor Galicia, promotora deste proxecto, tentou instalar hai dous anos unha canteira de granito nos montes de Ventosela, Moreira e Amoedo. Un proxecto que foi rexeitado grazas á presión social existente.