Elisa Arias con Pedro Iturralde
A actividade desenvolverase na xonrada de hoxe marte ás 17:30 horas con entrada de balde para todo aquel que queira achegarse. Conducido por Andreia Costas a charla xirará en torno a diferentes temas como a emigración, a presenza da muller na música e a experiencia de Elisa Arias como directora do Conservatorio e a orquestra de saxos.
A raíz do relato de Manuel Rivas “Un saxo na néboa” incluído no programa das actividades “Lectura Activa” e “Escrita Creativa” que imparte Andreia Costas no Centro Sociocomunitario de Redondela xurde a idea de crear un faladoiro entre a música Elisa Arias e a escrita literaria con figuras de relevancia cultural da comarca.
Unha charla na que se abordarán diversas cuestión a través das cales Elisa Arias falará de música, de xénero, das adversidades da vocación en contra dos desexos dos pais, da súa circunstancia de migrante e haberá tamén quenda do público aberta as súas preguntas.