A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle este xoves ás 18:30 horas o contacontos “Vamos ao recreo”, que nos achega a compañía Trémola Teatro. Unha proposta para cativos e cativas a partir de 3 anos, acompañados polas súas familias. Actividade de balde, con entrada libre ata encher a capacidade da sala.
Día Mundial da Poesía
Unha biblioteca que o 21 de marzo festexará o Día Mundial da Poesía en compañía da escritora e artista Andreia Costas, nunha tarde na que ademais de presentarnos o seu último libro: “Magnolia punk e outras arritmias” fará homenaxe a unha das súas referentes: a poeta Xela Arias, que da nome á esta biblioteca do Piñeiral do Crego.
A actividade está enmarcada dentro do ciclo Aquí sí hai quen escriba, organizado polas bibliotecas municipais para promover e dar a coñecer a obra escrita e tamén a labor de creatividade da veciñanza redondelá.