Unha cita musical organizada pola Concellería de Igualdade que arrancará ás 20:00 horas no Multiusos coas actuacións de Inés Suárez e Aminata Faye (guitarra clásica), Sueño de Calíope (grupo vocal), Tanxedoras do Pandeiro (voces e instrumentos tradicionais) e Veleiquí (música tradicional). O acto estará conducido pola contacontos e actriz Ana Carreira.
O concerto arrancará coa guitarra clásica de Inés Suárez e Aminata Faye quen interpretarán entre outros temas a muiñeira de Ponte Sampaio ou a Canción do emperador de Luís Narváez. A continuación subiranse ao escenario as compoñentes de Sueño de Calíope para interpretar diferentes poemas musicados e a música tradicional das Tanxedoras do Pandeiro. E xa para concluír será a quenda de Veleiquí, un grupo redondelán de música tradicional que inicou as súas andadas hai pouco máis de seis meses. Formado neste caso por homes e mulleres de Chapela que tocan a gaita, o bombo, o pandeiro e o tamboril. A actriz e contacontos Ana Carreira, dinamizará e presentará o acto.