Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxes a Carmen Álvarez e Carmen Darriba no marco do programa “As nosas conquistadoras”

homenaxe

Homenaxe a Sofía Vilaboa en Saxamonde

A iniciativa ten por obxecto homenaxear a mulleres das diferentes parroquias de Redondela que exemplifican a importancia da participación da muller na sociedade. Son as propias asociacións de veciños das parroquias as que escollen á muller homenaxeada en cada caso.  Este domingo día 17, celebrarase dous recoñecementos: ás 12.00 horas na Asociación Deportiva e Cultural de Rande homenaxe a Carmen Álvarez Álvarez da parroquia de Trasmañó, e ás 18.00 horas na Casa Cultural de Quintela a Carmen Darriba Amoedo.

Unha iniciativa que nace dentro do programa do 8M do municipio para estender a loita pola igualdade máis alá da celebración dun só día. Ademais dos actos organizados en cada caso coas asociacións de veciños, o Concello faralles entrega ás mulleres homenaxeadas dun ramo de flores e un retrato orixinal feito en directo pola artista Alba Fernández Troiteiro, que quedará exposto no Centro Cultural de cada parroquia “como recoñecemento e lembranza polo seu traballo e a súa historia de vida”.

A primeira homenaxe no marco deste programa fíxose o ano pasado. En San Estevo de Negros foi recoñecida Mercedes Portela Rodríguez, polo seu traballo como carteira en correos durante moitos anos. En Ventosela homenaxeouse a Celsa Míguez Bouzón, por ser a muller de maior idade, e en Saxamonde a muller elixida foi Sofía Vilaboa, tamén escollida pola súa parroquia por ser a de maior idade. En Cesantes foi recoñecida a mestra Carmen Barreiro Seoane e na parroquia de Cabeiro fíxose este recoñecemento a Balbina Castro Balado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará