Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Camioneiros “enganados” polo GPS acaban atascados en Vilar do Mato

ventosela casas

O últimos dos casos producíase ás 8:00 horas da mañá cando un camioneiro que se dirixía en dirección ao polígono de Amoedo seguindo as indicacións do seu navegador desviouse dende a N-550 e acabou atascado nunha estrada que non é apta para vehículos de gran tonelaxe. Os veciños da zona reclaman que se poñan sinais para evitar o paso de camións que unha e outra vez quedan atascados.

A manobra que realizan estes camioneiros é recorrente. Proceden de Pontevedra e indican ao seu navegador que se dirixen ao Polígono de Amoedo en Pazos de Borbén. Unha vez na N550 o GPS aconséllalles que se desvíen na zona da Pantalla, onde se atopa o Bar Torres en dirección a Ventosela. Se ben nun principio a estrada está en condicións pouco a pouco vaise estreitando ata chegar a zona das casas, onde os camións vense na imposibilidade de seguir avanzando nunha vía chea de  curvas e onde dar a volta é moi complicado.

Na mañá de hoxe unha patrulla da policía local desprazouse ao lugar logo de seren avisados polos veciños e colaboraron co condutor do camión para desatascar o vehículo. Os veciños reclaman unha solución que pasa pola colocación de sinais que indiquen un límite de tonelaxe para advertir aos camioneiros de que non poden continuar por esa vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará