Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A festa da ostra reunirá a máis de 30.000 persoas na fin de semana

RR_Noticias

A coincidencia coas celebracións da Semana Santa levaron á organización do evento a adiantar a apertura dos stands, que será ás doce do mediodía do sábado. Ao longo da fin de semana estímase que pasarán por Arcade 30.000 persoas que desgustarán 100.000 unidades do bivalvo.

O evento gastronómico chega a súa 24ª edición coa festa que se vai desenvolver os vindeiros días 3 e 4 de abril en Arcade coincidindo coa Semana Santa. Como novidade este ano, adiántase a apertura dos stands de degustación para a mañá do sábado e recupéranse ademais a preparación das ostras en escabeche e en empanada. En canto aos prezos, dende o goberno local, o alcalde Agustín Reguera, agradecía o “esforzo por parte dos ostricultores que baixaron o ano pasado a 4 euros o prezo da ducia de ostra, e este ano o manteñen”. A encargada de ler o pregón será a Conselleira de Pesca, Rosa Quintana e para evitar as inclemencias meteorolóxicas celebrarase baixo unha gran carpa instalada na zona do Peirao de Arcade.

Agustín Reguera alcalde de Soutomaior
As casetas de degustación estáran abertas mañá e tarde an fin de semana
Prezos populares
Os ostricultores manteñen a ducia de ostra a catro euros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará