Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades ambientais para a Semana Santa en Redondela

actividades madioambientales

As concellarías de Turismo, Medio Ambiente e Infraestruturas e Sustentabilidade organizan tres actividades para o público infantil e familiar que se desenvolverán o sábado 23, o luns 25 e o sábado 30 de marzo.Trátase de actividade vinculadas co ecoturismo e a educación ambiental con inscrición previa no Concello.

A primeira das xornadas “Pedaleando tralas últimas aves migratorias” é unha ruta en bicicleta pola Portela para coñecer de preto as aves limícolas, a súa historia e a sensacións da posta de sol. Será o próximo sábado, de 10.30 a 12.30 horas, con saída desde A Xunqueira.

A tarde do luns 25 ofrece unha “Orientaventura en Cesantes” dirixida a nenos de 7 a 16 anos, coa participación dun adulto por equipo para acompañalos en horario de 16:30 a 19:00 horas. A programación rematará o sábado 30 cun curso e saída de iniciación á fotografía na natureza, orientado neste caso a maiores de 12 anos.

Todas as actividades son gratis e con prazas limitadas. As inscricións poden facerse a partir dende este luns no rexistro do concello ou no teléfono 986 400 300.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará