Nunha nova entrega da sección ‘Carreira de Fondo’ contamos con Julia Devesa, graduada en Educación Infantil pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidae de Vigo. Falamos con ela do seu proceso académico e o seu TFG titulado: “Implementación e avaliación dun proxecto educativo baseado nunha canción infantil sobre a prevención do afogamento. Un estudo piloto“. A conclusión do seu traballo foi positiva xa que o estudo, estruturado nunha canción infantil, promoveu unha maior aprendizaxe da seguridade e pode axudar a previr afogamentos.
Instagram: @salvarnos_a_vida
Gmail: juliadevesaprieto4@gmail.com
Letra:
Imos para a praia as bandeiras tes que mirar
Porque somos os nenos soíños non podemos nadar
Vermello prohibe nadar
Verde xa podes empezar
O amarelo precaución
A praia mola mogollón
Os socorristas teñen o traballo de vixiar
Para estar seguros cando nos vaiamos bañar
Vermello prohibe nadar
Verde xa podes empezar
O amarelo precaución
A praia mola mogollón
Sempre acompañados dun adulto ou dun maior
E levar connosco un chaleco de flotación
Vermello prohibe nadar
Verde xa podes empezar
O amarelo precaución
A praia mola mogollón
Alguén está en perigo e querémolo axudar
Lanzámoslle algo para que el poda flotar
Vermello prohibe nadar
Verde xa podes empezar
O amarelo precaución
A praia mola mogollón
Se a cousa é grave emerxencias ten que actuar
Ti cole o móbil 112 marcaras
Vermello prohibe nadar
Verde xa podes empezar
O amarelo precaución
A praia mola mogollón