Ao longo da historia hai unha cantidade inxente de libros que por diferentes motivos foron prohibidos e censurados. Motivos relixiosos, políticos, pola súa temática sexual ou racista… Mª José Villar, responsable da biblioteca de Chapela, lembra algúns dos títulos máis famosos que foron nalgún momento da historio ou nalgún territorio a retiralos dos estantes e achega ideas a todos eses usuarios e usuarias que están a facer o Reto lector convocado dende as Bibliotecas Municipais.

Radio Reto Lector: Mencía Jorge Cabaleiro
Tres autoras e tres títulos son as propostas que nos deixa Mencía Jorge Cabaleiro no seu paso polo espazo, unha iniciativa das Bibliotecas de Redondela en colaboración coa Radio Municipal