Os centros parroquiais de Redondela acollerán durante as vindeiras semanas esta actividade organizada pola Concellería de servizos sociais. O obxectivo e promover hábitos saudables entre os cativos
En dúas sesións de hora e media cada unha, nenos e nenas de entre 4 a 12 anos aprenderán a elaborar pratos sinxelos e coñecerán as virtudes da cociña tradicional e do consumo de froitas e hortalizas. Así, algúns dos pratos que se prepararán son pizzas de atúns, bocadillos vexetais ou unha brocheta de froita con chocolate. Pero ademais de coñecer os beneficios dunha alimentación saudable tamén descubrirán o pracer de compartir o traballo na cociña O obradoiro impartirase nos centros culturais que están a gozar xa dos servizos da ludoteca itinerante que percorre as parroquias dende marzo ata xuño.