A segunda edición da Copa Rías Baixas celebrou a terceira xornada de competicións que rematou con dúas derrotas e un empate para os equipos locais. Despois dos resultados da pasada cita quedan eliminados o CD Cesantes e o CD Choco, mentres que o CD Soutomaior logrou salvarse por un empate e xogará o primeiro de maio os oitavos de final.
PONTEVEDRA
C.D. Cesantes 3-5 Portonovo S.D.
Dentro do grupo de Pontevedra, o Cesantes recibiu ao Portonovo cun resultado de 3 fronte a 5 e quedando eliminado automaticamente da competición.
U.D.S.M. Deiro 2-2 C.D. Soutomaior
O CD Soutomaior visitaba o Campo do Monte da Lomba en Vilanova de Arousa onde empataron contra o Deiro e conseguiron gañar na fase de penaltis cun resultado de 9 fronte a 10. Un partido bastante igualado na primeira parte e moi emocionante cara o final onde se xogaron todo no máximo castigo que sentenciou o gol de Aitor Amoedo.
VIGO
Gondomar C.F. 4-2 C.D. Choco
Dentro do grupo da zona de Vigo da Copa Rías Baixas, o CD Choco perdía ante o Gondomar cun marcador de 4 fronte a 2. Resultado que elimina aos últimos redondeláns da competición.
O 1 de maio celebraranse os oitavos de final por zona e aínda están por determinar os enfrontamentos. O Soutomaior ten agora como obxectivo conseguir ser os campións da Copa Rías Baixas Pontevedra para enfrontarse ao resto de grupos galegos que loitarán por chegar á Supercopa Galicia.