Os hostaleiros que queiran participar nestas Xornadas, que se desenvolverán como actividade complementaria á Festa do Choco que terá lugar entre o 6 e o 12 de maio, teñen de prazo ata o vindeiro día 7 de abril para se inscribir. A iniciativa busca poñer en valor o produto estrela da enseada de San Simón e contribuír á dinamización dos establecementos hostaleiros do municipio que ofrecerán aos seus clientes pratos e menús baseados nun ingrediente de excelencia como é o Choco de Redondela.
Os negocios participantes deberán incluír na súa carta, como mínimo, un menú, prato ou proposta gastronómica na que o produto principal sexa o Choco de Redondela. Cada local poderá participar co número de propostas que desexe, tanto salgadas como doces. O ano pasado foron un total de 13 os locais de hostalaría os que se sumaron a estas xornadas, con pratos como o choco con fabas, en lasaña, con queixo de tetilla, e tamén pizza, canelóns ou hamburguesas de choco, entre outros pratos.
Para participar os establecementos cubrirán unha instancia xeral no Concello solicitando a súa participación os establecementos interesados deberán presentar a proposta de menú, prato ou elaboración, indicando ademais o prezo de cada unha das opcións propostas. As bases pódense consultar na están publicadas na web do Concello de Redondela.