Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O turismo familiar e nacional predomina en Soutomaior

RR_Noticias

A maioría dos visitantes están de paso no municipio, e chegan para gozar da gastronomía local, visitar o Castelo de Soutomaior e admirar a paisaxe. Ademais de Galicia, Madrid e Cataluña son os lugares de procedencia da maioría dos que se achegan a Soutomaior.

Familias españolas, que están de paso en Soutomaior e que se achegan ó municipio para gozar da súa gastronomía e da paisaxe. Ese sería o perfil tipo dos que visitan a oficina de información turística de Soutomaior, segundo nos explicaba unha das súas técnicas, María Garrido. O marisco da ría e o Castelo de Soutomaior son os grandes atractivos que este municipio ofrece ó visitante. Pero hai outros moitos, como o monte da Peneda, as pontes no río Verdugo, as praias fluvias, ou o peirao de Arcade, entre outros. Desde a oficina de información turísticas, María Garrido explicaba nos micrófonos de Radio Redondela que a maioría dos que se achegan a solicitar información son turistas galegos, ou do resto do territorio estatal, e os estranxeiros son “moi poucos”. En canto ó turismo nacional madrileños e cataláns “son maioría”. A oficina ampliou este ano o período de atención ó público. Co gallo da celebración do Ano Xacobeo amplían dous meses máis a súa actividade. Abriron as súas portas na Semana Santa e continuarán ofrecendo este servizo ata finais do mes de setembro. O horario de apertura é de 10.00 a 14.00 horas, e pola tarde de 16.30 a 20.30 horas, todos os días da semana. Alí poden recoller todo tipo de información turística da zona, que tamén se pode consultar na web do Concello www.soutomaior.com.

María Garrido técnica de Turismo
A maioría dos visitantes son familias españolas que están "de paso".
Lugares de interés
O castelo de Soutomaior e a contorna do río Verdugo son os enclaves máis turísticos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará