O Concelleiro de Infraestruturas e sostibilidade, Roberto Villar, denuncia a rotura de lámpadas causadas por disparos de escopetas de aire comprimido en Santo Paio de Arriba na parroquia de Reboreda e no barrio do Cruceiro en Cedeira.
Uns actos de vandalismo que supoñen un gasto para as arcas municipais ademais do prexuizo á veciñanza que queda sen iluminación pública e que se suman ao roubo das baterías que alimentan os semáforos de obra instalados no camiño da Milixiosa en Cabeiro e que supoñen un gasto para as arcas municipais.
“Repoñer cada unha destas lámpadas supón un investimento de 300 euros” explica Villar quen engade que non é a primeira vez que se dan este tipo de actos de vandalismo que causan danos importantes no equipamento público e lamenta que “algúns individuos se dediquen a facer prácticas de puntería contra o equipamento público”.