Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma veciñal de Chapela traslada as súas críticas e demandas ao pleno

pleno abril

Un cento de veciños asistiron na xornada de onte ao pleno municipal no que a recén creada Plataforma Vecinal tomou a palabra para denunciar o mal estado da parroquia e reclamar diferente melloras, centradas principalmente no arranxo de estradas e camiños.  

Rosa Pérez, unha das voceiras do colectivo, foi a encargade de ler un texto no que insistiu no mal estado dos viais e na falta de resposta do goberno local aos seus escritos “presentados de xeito reiterado reclamando melloras para a parroquia”.

Centrou boa parte da súa intervención na situación das obras de humanización na Subida a Cidadelle que se iniciaron hai nove meses cun prazo de execución de catro meses pero que se atopan sen rematar. Actuación que coincide ademais con obras no camiño de Mouriño o que dificulta enormemente o acceso á zona alta de Chapela.

Rosa Pérez, Plataforma Veciñal

Os veciños cualificaron aos gobernantes de “inoperantes” e esixiron que se poñan en marcha ademais das obras “vías alternativas que faciliten o día a día dos veciños”. Neste sentido apuntaban a posibilidade de acondicionar o camiño da Avispeira “unha opción viable e que resolvería parte dos problema de mobilidade actual polas obras de Mouriño e Cidadelle.

Alternativa polo Camiño da Avispeira

Finalizou a súa intervención facendo un chamamento á unión da veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará