Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O gaiteiro Patrick Molard no Multiusos

RR_Noticias

A Concellería de cultura de Redondela achega ao multiusos da Xunqueira a música do gaiteiro bretón Patrick Molard, un dos maiores especialistas da gaita escocesa en todo o mundo. A cita será no auditorio do Multiusos o xoves día 15 ás 20:00 horas con entrada de balde.

Patrick Molard é un dos artífices do rexurdimento da música bretona. Gañador por tres anos consecutivos do trofeo Macallan en Lorient, Molard formou parte de numerosos grupos de sona internacional, como Satanazet, Ogham, Gwerz, Pennou, Skolum, Den o Dan ar Braz, e, especialmente, de Gwendal. Desde o 1993 forma parte do exclusivo colectivo “Mestres solistas europeos de gaita”. Coincidiu en concertos co gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño, e fixo unha incursión no folclore galego incorporando varias pezas, entre elas unha que titulou “Ton Budiño”, ou a versión de “Aires de Pontevedra”. Patrick Molard está considerado como un dos grandes especialistas nas gaitas escocesa e bretona. O seu repertorio, que está formado por pezas tradicionais e por composicións propias que suman unha trintena de discos. O concepto artístico de Molard é aberto e non se limita á música celta, xa que colaborou con músicos de jazz e rock. A súa última grabación foi feita co baixista Alain Genty.

Patrick Molard
Música para os amantes do folk

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará