Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Continúan as protestas para esixir o arranxo da estrada entre Amoedo e Os Valos

plataforma

A plataforma pola mellora da EP-2702 continúa coas mobilizacións con cortes de tráficos semanais para esixir que a Deputación de Pontevedra acometa una obra que está comprometida dende hai un ano. Lamentan que o cambio de goberno no ente provincial deixara en suspenso un investimento de un millón de euros que estaba previsto destinar á ampliación e arranxo do firme dun vial moi empregado pola veciñanza da zona pero tamén polo tráfico pesado que se dirixe cara o polígono de Pazos.

Os afectados, detrás dunha pancarta na que se podía ler “por unha estrada digna e segura” volveron cortar esta vía ás 8:30 horas da mañá de onte para denunciar o estado lamentable no que se atopa “chea de fochancas, sen beirarrúas e con camións que cando se cruzan teñen que invadir as leiras colindantes para non chocar entre eles”.

Instan a Deputación a que actúe e acometa o arranxo nun vial que continúa deteriorándose sen que a administración competente faga nada por evitalo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará