Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diversos escenarios para render homenaxe aos represaliados do franquismo por defender a República

actos república rúa

Fotos: Colectivo republicano de Redondela

O Colectivo republicano de Redondela desenvolveu este domingo diferentes actos homenaxe no 93 aniversario da II República. Unha xornada que arrancou no monumento do Alto da Concheira, desprazouse logo a Cedeira e pechou pola tarde con actos no cemiterio dos eidos e inauguración da placa homenaxe “A garavilla” no casco vello da vila.

Os actos arrancaron ao mediodía no monumento no Alto da Concheira con intervencións do que fora presidente do Colectivo Republicano, Félix Cal e a alcaldesa Digna Rivas nun acto acto presentado por Marcos Lareira con intervención da poeta Andreia Costas. Un acto no que se reivindicou a necesidade de non esquecer para evitar que o horror que supuxo a Guerra e o Franquismo non se volva repetir.

A alcaldesa lamentou os incontables ataque que sufríu este monumento dende a súa instalación con pintadas e alusións á ditadura.

A continuación os participantes desprazáronse a Cedeira onde se procedeu a inaugurar a que fora escola republicana e que logo da súa restauración servirá de sede da Asociación de Veciños, un acto no que non faltou a música a cargo do grupo de gaiteiros Asubíos de PortoCedeira. Houbo tmaén unha emotiva homenaxe aos antigos alumnos cun vídeo no que participaban relatando a súa experiencia no que fora ese centro educativo.

Pola tarde celebrouse a xa tradicional ofrenda floral na foxa común no Cemiterio dos Eidos e a continuación procedeuse a descubrir unha placa na casa na que nacera Josefa Puga “A garavilla”. Unha muller “libre que nunca pediu permiso. Represalidada polos seus ideais políticos e a súa condición de muller republicana “os seus cabelos rapados polos autoritarios do réxime son a semente que rompe a cadea do medo e o esquecemento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará