Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco vence ao Atios e escala á terceira posición

WhatsApp Image 2024-01-19 at 13.59.36 (4)

O CD choco continúa na senda da vitoria con tres xornadas seguidas de bos resultados. Recibiu ao UD Atios este domingo no Campo de Santa Mariña con ilusión e forza. Venceron de forma ampla e cómoda e suman os puntos necesarios para escalar á terceira posición nesta recta final da liga.

PREFERENTE

CD Choco- UD Atios (3-0)

Quedan 5 xornadas para rematar a liga e o CD Choco afianza a súa presenza nos postos altos da clasificación xeral, moi preto da zona de ascenso no terceiro posto que acaba de arrebatar ao Valladares.

O partido que comezou igualado en intensidade e oportunidades por parte de ambos equipos rematou cunha clara vantaxe dos choqueiros que puideron pouco a pouco facerse co control do balón e gozar de posesións máis longas e perigosas. O primeiro gol marcouno Covelo no minuto 33 e tras o descanso, cando parecía que o rival podía remontar, o gol de Comis aumentou a vantaxe e a tranquilidade para a bancada local.

Dende a directiva destacan “un pequeno momento tenso e polémico” para un partido en xeral  moi calmado dende o punto de vista arbitral. O colexiado decidiu sacar o segundo cartón amarelo a Hugo Vázquez por entender que simulara un penalti, tras unha xogada individual. A pesar da expulsión o partido non variou en intensidade e o gol definitivo viría no 62 a cargo de Adrían Rodríguez.

Desta forma, os de Tizón lograron sumar os tres puntos necesarios para colocarse na terceira posición, a seis do Céltiga.

A próxima xornada o Choco disputará un partido decisivo ante o Valladares, equipo ao que superou na clasificación, no Campo da Gándara.

PRIMEIRA GALICIA

C.D. Arcade – Atlético Cuntis  (1-0)

Vitoria no último minuto para o Arcade. Os de Vázquez recibían ao Cuntis no Campo de Soutomaior, rival directo que se sitúa un posto por debaixo dos locais e a un punto de diferenza.  A vitoria chegouno último minuto grazas ao gol de falta de Lucas Rielo. Estes tres puntos fan que sumen e ocupen a onceava posición na táboa clasificatoria. A próxima xornada visitan ao Racing de Castrelos.

SEGUNDA GALICIA

CD Soutomaior – A Lama SD (2-2)

O CD Soutomaior empata e mantense na zona de ascenso. Situado  en cuarta posición, zona da táboa que permite o ascenso e na que os puntos están moi axustados dun equipo a outro, o Soutomaior recibiu A Lama. O partido rematou en empate e mantéñense sen cambios na clasificación.  A próxima xornada visitan ao Monteporreiro, sétimos da liga.

Zacande F.C. – C.D. Cesantes  (2-0)

Na mesma liga, o CD Cesantes continúa de pechacancelas do grupo despois de perder na súa visita ao Zacande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará