TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL
SD Pazos de Borbén FS – Vilalba FS “B” (6-5)
Quedan catro xornadas para rematar a liga e o SD Pazos de Borbén FS sitúanse nunha cómoda novena posición. Os de Matilla recibiron o domingo 14 de abril ao Vilalba FS “B”. Un partido interesante , porque o rival foi con forza ao estar moi preto do descenso e necesitado de puntos. A pesar do seu gran intento o Pazos impúxose no seu campo e venceu cun resultado de 6 fronte a 5. Os goleadores foron Jonás , Lolo , Pablo , Diego e Aarón.
Desta forma o Pazos saca 8 puntos aos postos perigosos ou de descenso. Aínda que non está pechada a permanencia, o seu obxectivo de seguir un ano máis en categoría nacional está moi preto. Para a semana visitan ao ED Vigo2015 no que seguro será un interesante derbi comarcal.
PREFERENTE
Campito Chapela F.S.- CVC Valladares Pax Floor (3-6)
O Campito perde ante o líder. Recibiu ao Valladares e, a pesar dos intentos dos de Chapela non conseguiron superalos na casa. Mantéñense de segundos pola cola na recta final da liga.
Por outra banda e na mesma liga, o Redondela FS descansou esta fin de semana por ter programado un partido contra o Cigarrón. O rival retirouse da competición fai un par de xornadas.