Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A diversidade no cine proxéctase no Festival de Andaina que arrancará coa película “Campeonex”

fic andaina

O FIC Andaina, que se celebra ente o 21 e o 28 de abril en Redondela, medra con máis actividades e novas propostas para todos os públicos na que é xa a súa XII edición, nun primeiro momento no marco do Festival Redondela en Curto e dende hai seis anos como festival independente. Ao longo dunha semana proxectarán en Redondela moito cine “de Goya” a través das nove películas a concurso, pero tamén unha programación exclusivamente escolar pola que pasarán 1500 rapaces e rapazas, obradoiros audiovisuais e música con Canta Torrella.

O festival redondelán dedicado á diversidade arrancará o domingo 21 de abril coa proxección da película “Campeonex” no Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas. Ao rematar o pase, os asistentes poderán charla con Gloria Ramos, actriz que tamén participara na anterior película de Javier Fesser e que fora nominada a un premio Goya como mellor actriz revelación. O presidente de Andaina, Antonio García, falábanos desta cita.

Antonio García, Andaina

Ao longo da semana está previsto que uns 1500 escolares, principalmente de Redondela pero tamén de Vigo e Soutomaior, pasen polo Multiúsos dentro da programación escolar do FIC para asistir ás diferentes proxeccións así como ás actividades inclusivas e charlas que se realizarán en paralelo. Terá lugar tamén a II edición do Torneo de deporte adaptado Ascedan tal e como nos explicaba Magaly Couñago.

Magaly Couñago, Ascedan

Xa na fin de semana dos días 27 e 28, o público poderá achegarse ás cintas a concurso, elixidas de entre as 200 películas chegadas de diferentes puntos do planeta –Turquia, Australia, Sudamérica- e nas que se aborda o tema da diversidade sempre dende un punto de vista respectuoso e dando a coñecer diferentes realidades. Tras o traballo do xurado, foron seleccionadas un total de nove curtametraxes entre as que atopamos “Yegua” ou “París 70” candidatas aos premios Goya ou a galega “Antes de que se poña o sol”, finalistas nos premios Mestre Mateo deste ano.

Destacaba tamén Antonio García a presenza de dous títulos internacionais: a francesa Open Call e a brasileira “Sobre amizade e bicicletas”.

Entre as novidades deste ano salientan o obradoiro audiovisual que se celebrará os días 22, 23 e 24 e que permitirá aos participantes, mozos e mozas de entre 14 a 18 anos, preparar un audiovisual que se presentará no proio festival.

Tamén nesta edición inclúen “cine sensorial infantil” que busca achegar o cine a eses rapaces e rapazas con sensibilidade sensorial que poderán así gozar dun pase nun espazo con luz de ambiente, volume máis baixo do habitual e zona de relaxación ao carón da sala para poder saír e entrar no caso de que o precisen.

Non faltará tampouco a música da man de Canta Torrella, grupo redondelán quen se subirá ao escenario o sábado 27 de abril cando remate a proxección das 20:00 horas.

Fon Conde, CantaTorrella
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará