Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela insta á Autoridade Portuaria a recuperar o cargadoiro de Rande e renunciar ao depósito de contedores en Duchess

Visita Autoridade Portuaria

A alcaldesa de Redondela e o novo presidente do Porto de Vigo, Carlos Botana mantiveron este martes a primeira reunión oficial na que abordaron cuestións pendente como a recuperación e posta en valor do cargadoiro Coto Wagner así como e necesidade de avanzar no Plan de delimitación de espazos e usos do Porto co obxecto de coñecer as intencións da autoridade portuaria para a explanada de Duches.

Ao longo da xuntanza, celebrada no Concello e na que tamén estaban presentes o concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro, e a directora do Porto, Beatriz Colunga, a alcaldesa interesouse polos plans futuro da Autoridade Portuaria para o cargadoiro de mineral de Coto Wagner “que é un ben cutural e industrial de Redondela que conta co recoñecemento de Patrimonio tanto da Xunta de Galicia como do Estado” e anunciou que o Concello opoñerase a calquera uso dese espazo litoral que non pase pola súa recuperación.

Abordaron tamén o futuro da explanada de Duchess mantendo o concello a súa oposición ao proxecto de reordenación do acceso á zona portuaria de Rande dende a N-552 polo impacto negativo que tería para o territorio e a veciñanza.

Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria confirmou que o Plan de Delimitación de espazos e usos do Porto de Vigo (DEUP) segue paralizado insistindo a alcaldesa na importancia de coñecer este plan que determinará a intención do Porto tanto sobre a zona do cargadoiro de mineral como a intención de converter a explanada nun depósito de contedores “algo ao que o goberno redondelán oponse frontalmente”.

Finalmente, Digna Rivas, que cualificou a reunión de “cordial e frutífera”, expresou a súa confianza en que “avancemos nos temas postos sobre a mesa de traballo e que poidamos chegar a un punto de entendemento que dea unha solución definitiva a todos estes temas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará