Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicitará no Congreso a retirada do almacén de explosivos do AVE

RR_Noticias

A deputada nacionalista, Olaia Fernández Davila, considera que a ubicación desta instalación non se atopa a unha distancia mínima dos núcleos de poboación, a menos de cen metros das vivendas e ao pé do río Maceiras, polo que “se debería retirar do seu actual emprazamento”.

Fernández Davila visitaba o pasado venres acompañada de veciños de Quintela e Saxamonde, os containers instalados no Val do Maceiras pola empresa concesionaria das obras do tren de alta velocidade para almacenar os explosivos que se empregan nas voladuras do AVE.
Os veciños denunciaran días atrás o perigo e alarma que provocara na zona o descubrimento do depósito de explosivos no barrio de o Souto motivo polo que solicitaron xa ante a subdelegación do goberno que sexa retirado de xeito inmediato.
Denuncian que a instalación incumpre o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que establece que este tipo de almacéns teñen que ser instalados a máis de dous mil metros do núcleo de poboación máis próximo.    
Dende o bloque entenden tamén que esta instalación debería ser desprazada para “preservar a seguridade e saúde de todas as persoas que viven preto das obras e que xa sofren bastantes molestias”.
Por este motivo, a deputada nacionalista interporá varias preguntas no Congreso dos Deputados solicitando do Ministerio de Fomento a retirada do almacén.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará