A expulsión do porteiro Isma no minuto 44 non amedrentou ó Choco, que despois de quedar cun home menos anotaron tres goles, conservando así o liderado da categoría. Isto permítelles seguir loitando pola praza que dá opción ó ascenso a Terceira. O Chapela, que gañou ó Corzáns, asegurou xa o ascenso a Primeira Autonómica, ó ter garantida a segunda praza do seu grupo.
Preferente sur
Choco 3- Ribadumia 0
O partido comezou en Santa Mariña cos dous equipos facendo un bo fútbol. Foi crucial unha xogada no minuto 42, cando o porteiro do Choco faixo unha falta ó borde da área e foi expulsado. Pero os de Julio Álvarez, lonxe de acusar a inferioridade numérica, fixéronse fortes e impuxeron o seu ritmo. Xa no minuto 44 chegou o primeiro gol, tras unha falta lanzada por Gorka, de cabeza, no segundo pau. O Choco non acusou a desvantaxe de xogar todo o segundo tempo cun home menos. No minuto 60 chegou un balón longo que recibiu Aitor Gómez dentro da área e á saída do porteiro, de vaselina, marcou o 2-0. Xa no minuto 85 o Choco sentenciou cunha xogada pola banda de Míchel, que entra na área, regatea a dous defensas e, á saída do porteiro, Juanjo báteo de tiro cruzado. Tres puntos cos que o Choco mantén o liderado. Na próxima xornada viaxan ó campo do Arenteiro, da metade da táboa.
Primeira Autonómica
Arcade 2- Vilariño 0
Tres puntos de ouro para o Arcade que dá un salto cualitativo na táboa para situarse na metade da clasificación, moi lonxe xa por fin dos postos de descenso. Nun partido aburrido e case sen ocasións os de Jacobo Montes impuxéronse con dous goles de Berto e Juanjo. Agora, nunha situación xa de tranquilidade, desde a 10º posición da táboa, viaxan a próxima xornada ó campo do líder, o Atios.
Segunda Autonómica
Chapela 2- Corzáns 0
O Corzáns, xa sentenciado ó descenso, non foi un rival tan asequible como agardaba o Chapela, pero os redondeláns cumpriron co trámite e gañaron. Con estes tres puntos os de Luis Ferreira xa están ascendidos a falta de 4 xornadas, xa que son 2º, e están 13 puntos por riba do 3º clasficado, o Erizana. O liderado está complicado, pero non imposible. O Guardés está tres puntos por riba deles. A próxima xornada o Chapela xogará no campo do Louro, da metade baixa da táboa.
Terceira Autonómica
Cesantes 2- Figueirido 2
Empate a dous goles nun partido intenso no que o Cesantes foi sempre por diante no marcador. O punto do empate sérvelle ó Cesantes para rematar a liga na 8ª praza do seu grupo, que rematou xa a competición.
Choco 1- Matamá 3
O Choco tivo nas súas mans a vitoria, pero o árbitro privounos dela, coa expulsión do dianteiro local por vermella directa (por unha presunta agresión) a falta de 15 minutos para o remate do partido, cando o marcador reflectía empate a 1 gol. Logo, coa superioridade numérica, o Matamá foise arriba e anotou outros dous tantos. Con este resultado o Choco sitúase na 7ª praza do grupo, a próxima xornada descansa.
Arcade 2-Bueu 0
Remate de liga no grupo 18 con vitoria para o Arcade. A vitoria permítelles ós do filial rematar na 5ª praza do grupo., na que se proclamou campión o Vilaboa.
Bahía 1- Soutomaior 0
O Soutomaior perdeu pola mínima, pero con todo, conseguiu conservar a terceira praza que ostentaba nas últimas xornadas