II edición dun evento no que se dan cita os centros educativos de Redondela para compartir traballos feitos en lingua galega e que expoñen ao resto dos colexios. Unha iniciativa que naceu da man de Jessica Rodríguez, profesora do CEIP de Cedeira quen imaxinaba un evento no que os rapaces e rapazas se puideran escoitar os uns aos outros e favorecer así que todo o traballo que se fai na aula tivera tamén visiblidade fora do centro.
Nun ambiente festivo e cun tempo espléndido ao longo de tres xornadas rapaces e rapazas do centro da vila e tamén das parroquias déronse cita na Alameda para participar do proxecto Espallar Tinta. Dende os máis cativos de tan só 3 aniños ata os maiores de 5º e 6º foron contando a micro aberto esas producións escritas traballadas nas aulas. Tres xornadas cheas de nervios pero tamén moi gratificantes e que supón “unha aprendizaxe que vai máis aló do proceso da escrita xa que lles obriga a practicar a lectura e a exposición fronte a outras persoas”, tal e como nos explicaba Jessica Rodríguez.
Unha experiencia positiva que o propio alumnado recoñece. Así, Clara explicábanos o traballo feito na súa aula “con poemas e contos interactivos onde pedimos a participación do público para que elixan o final da narración dándolle dúas alternativas” e falaba dun “ambiente moi ilusionante” con máis nenos respecto do ano pasado cando o mal tempo lles arruinou un chisquiño a cita xa que os obrigou a desprazarse ao recinto ta antiga feira do gando.
Xoel falaba tamén dun bo ambiente enriquecido ademais con ese “artelixos” espallados pola Alameda´