Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Voluntarios de New Balance colaboran na reforestación con bidueiros nos montes do Viso

new balance 1

O grupo de voluntarios da  oficina de Redondela da empresa internacional New Balance achegáronse o pasado sábado aos montes do Viso para colaborar coa restauración que os comuneiros levan facendo no monte durante os últimos anos. No entorno da nova senda alternativa ao Camiño de Santiago que pasa polo monte veciñal, os traballadores da entidade redondelá colaboraron na plantación de preto dun cento de bidueiros. O obxectivo é lograr unha mellora paisaxística da zona e favorecer un incremento da biodiversidade ao longo do tempo.

Desta maneira, os voluntarios coñeceron de primeira man os traballos que os comuneiros fan no seu monte veciñal día a día, coñeceron o especial deste tipo de propiedade e achegaron aos máis cativos, que tamén se animaron a colaborar, a importancia de dar un paso adiante en prol do noso monte e do entorno que nos rodea.

Dende a Comunidade de Montes cualificaron a experiencia como “moi satisfactoria” xa que malia estaren acostumados a que o alumnado dos centros educativos se acheguen ao monte “non é tan habitual que as empresas asentadas en Redondela dean este paso”. Neste senso, dende a directiva veciñal indican que están abertos a colaboracións do tecido empresarial da comarca e sobre todo, a que se poidan achegar e valorar os montes periurbanos de Redondela.

O responsable de voluntariado de New balance, Pablo Tojeiro apuntou que se “senten uns privilexiados ao poder colaborar nesta acción de voluntariado” e agradeceu á Comunidade de montes por darlles todas as facilidades para que esta colaboración fora un éxito.

Dende a comunidade veciñal queren agradecer a colaboración do grupo de voluntarios New Balance.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará