Falamos con Mario Iglesias Casal, xerente de Magallanes Renovables, sobre o traballo que fan na compañía para revolucionar o sector da enerxía renovable en Galicia e no mundo. Están enfocados no desenvolvemento e a comercialización de sistemas flotantes de enerxía mareomotriz e ten como obxectivo abrir e liderar unha nova industria a nivel mundial centrada na explotación desta. Unha enerxía renovable inexplorada e singularmente predicible.
Conversamos sobre melloras e invencións neste sector e, sobre todo, do proxecto en marcha que poderá xerar 4.5 MW utilizando as ondas nas costas de Escocia e Gales. O barco encargado de todo isto ten no mastro un choco de Redondela, levando a nosa terra con eles e mantendo a tradición dentro da innovación.
Participan a nivel internacional en charlas, coloquios e conferencias para divulgar o seu traballo. Concretamente, e máis preto, estarán en ‘Navalia: Feria Internacional de la Industria Naval de Vigo que se celebra o 21, 22 e 23 de maio no Recinto Ferial – Ifevi .