Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade xa loce a escultura de Bernardo Seoane “O Camiño das estrelas”

estatua soutomaior

O coñecido como muelle da Caghazó ao carón da Ponte Romana foi o lugar elixido para instalar unha escultura obra do veciño e artista de Soutomaior, Bernardo Seoane. A máquina, que segundo apunta o seu autor sinala o camiño das estrelas, foi presentada nun emotivo acto celebrado na tarde de onte no que se proxectou o documental rodado por Breikus e no que se fai un percorrido pola vida e obra de Seoane.

“A nosa terra é terra do camiño de Santiago e que mellor que o noso pobo para sinalar o camiño das estrelas, o camiño De Santiago” é a reflexión que Bernardo Seoane deixa en torno a unha escultura que foi descuberta polos seus netos, Jesús e Fátima, que deixaron a vista este escultura doada por Seoane que queda instalada nun espazo de paso de todos eses peregrinos que se dirixen cara a capital galega.

Unha escultura que amosa a capacidade de Seoane de  converter ferros e chatarra en auténticas pezas de arte que se poden ver no xardín da súa vivenda tamén nas inmediacións da Ponte medieval entre Arcade e Pontesampaio

Unha tarde chea de emocións onde non faltou a música de Balbuena&Seoane un grupo conformado por Yoni e por Bernardo, o fillo do homenaxeado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará