Esta tarde ás 20:00 horas convocan unha concentración na Alameda de Talorío en Arcade para protestar pola decisión do goberno local de negarlles o uso do Edificio Multiusos para celebrar o acto de presentación na localidade.
A plataforma laiase de que un Concello como o de Soutomaior, noutro tempo pioneiro na normalización da nosa lingua, censure agora un acto en defensa do idioma propio motivo polo que presentarán nos próximos días unha protesta formal perante o Valedor do Pobo. Segundo explican, nun primeiro momento, a concelleira, Dolores Cernadas apuntou que nas instalacións tiña lugar a celebración dun curso, pero cando a plataforma modificou o horario da presetnación desde Concellaría de Cultura sinalóuselle que o Multiusos “non se vai deixar para esa fin”. Queremos Galego trasladou o acto á Alamera de Talorío, fronte á sede do PP, onde esta tarde terá lugar unha concentración pacífica de protesta en rexeitamento da postura do Concello. Despois da concentración ás 20:00 horas a plataforma organiza na propia Alameda a súa presentación, na que participara o membro de Queremos Galego e deputado do BNG, Bieito Lobeira. O acto contara coas actuacións musicais de Os Trasnos de Moscoso, 2bar2, os regueifeiros O sordo e o caco -Josinho da Teixeira e Bieito Lobariñas- e Paco Represas e Dan e artistas convidados