As obras consistirán na reforma da entrada principal ao campo, mellorando o acceso, así como outras actuacións nas instalacións do recinto deportivo, todas elas consensuadas polo goberno local coa directiva do C.D. Soutomaior.
O Goberno deseñou un proxecto para acometer diferentes melloras no campo de fútbol Graciano Padín tal e como viñan demandando os membros do club de fútbol da localidade. e presentouno a Deputación. O proxecto obtivo unha subvención de 60.000 euros procedente do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas do organismo provincial, cartos que agora serán investidos no campo para a súa mellora co obxecto de que tanto os xogadores e xogadoras como o resto de membros do Club conten coas mellores instalacións deportivas posibles.
O concelleiro de Urbanismo, Pablo Garrido, explicou que estes 60.000 euros irán destinados á reforma da entrada principal ao campo, mellorando o acceso, así como outra serie de melloras nas instalacións do campo “actuacións que foron consensuadas polo Goberno e a directiva do Club co obxectivo de cubrir as principais necesidades do recinto deportivo que a directiva nos trasladou e que nos atendemos”.