Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana de vitorias para o fútbol local

0b8bf256-2e9c-40c4-9934-fba4b12aead5

O CD Choco recupera a boa racha e sitúase empatado co Valladares no terceiro posto en Preferente. O CD Soutomaior, pola súa banda arrebatoulle o segundo posto ao Unión Dena e están a un partido de conseguir o ascenso.

Vitoria tamén para o CD Arcade que afianza a permanencia no décimo primeiro posto en Primeira Galicia, mentres que o CD Cesantes continúa de pechacancelas en Segunda.

PREFERENTE

CD Choco – Atlético Arnoia (3-1)

Esta fin de semana o CD Choco recibiu ao Atlético Arnoia. O enfrontamento o superaron se dificultades, pola clara diferenza entre ambos na táboa xeral. O primeiro gol, de Anxo, chegou no primeiro minuto do partido. Ata o minuto 48 aguantou a defensa, pero un gol do Arnoia marcaba o empate. O CD Choco aumentou a intensidade e Adrián marcou o segundo gol no 59’, desfacendo o empate. O gol definitivo chegou na prórroga deixando o marcador nun 3 fronte a 1.

Os de Tizón aproveitaron a oportunidade para sumar tres puntos que os coloca empatados co Valladares loitando polo terceiro posto. Quedan 3 xornadas e o próximo domingo  visitan ao Céltiga FC, segundos da categoría. Un partido interesante no que se xogan os postos de ascenso.  

PRIMEIRA GALICIA

C.D. Arcade  – San Martín CF (2-1)

Vitoria tamén para o Arcade. Os de Vázquez recibiron ao San Martín nesta recta final da liga, polo que o partido podería ser decisivo para ambos equipos. Gracias ao resultado a favor do Arcade, sitúanse de décimo primeiros con 42 puntos.   O próximo domingo visitan o CD Pontellas , pechacancelas do grupo. Esta será una boa oportunidade para afianzar a permanencia na categoría a só 3 partidos de rematar a liga.

SEGUNDA GALICIA

CD Soutomaior – Unión Dena CF (1-0)

O CD Soutomaior continúa en boa racha con un empate e 3 vitorias nas últimas xornadas. Este domingo no Campo Graciano Padín arrebatáronlle o segundo posto ao Unión Dena nun partido intenso. O gol chegou no minuto 30 e o goleador foi Jose Carlos de la Torre.

Desta forma só precisan gañar o próximo partido para conseguir o ascenso directo. O domingo visitan ao Xil, nun enfrontamento no que o rival tentará poñelo complicado por estar moi necesitado de puntos dentro da zona de descenso.

CD Bueu – C.D. Cesantes (5-2)

Na mesma liga, o CD Cesantes, continúa de pechacancelas do grupo despois de perder na súa visita ao Bueu. Sitúase perigosamente na zona de descenso con  12 puntos. O próximo domingo reciben ao Xuv. Sanxenxo, quintos do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará