Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carreira de fondo: Laura Nogueira

Nunha nova entrega da sección ‘Carreira de Fondo’ contamos coa xornalista  Laura Nogueira (Redondela), graduada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Falamos do seu proceso académico e o seu TFG “El Soplete: el periódico satírico de Redondela.”

Este traballo ten como finalidade analizar o discurso do xornal local redondelán El Soplete. O medio en cuestión foi publicado na etapa do Bienio Reformista da Segunda República española e Laura Nogueira analiza o contexto histórico e social do momento. Mostra información sobre as leis que afectaban á prensa nese momento e dalgunhas publicacións coetáneas. O seu proceso tivo como “determinar se o medio entra dentro do que podemos considerar un medio de carácter satírico con pezas, xa sexan gráficas ou literarias, de humor”. Conversamos sobre o proceso do traballo de investigación e do seu aprendizaxe a través dun texto académico deste tipo.

Ademais, falamos sobre datos interesantes sobre El Soplete, libros con contexto histórico sobre Redondela e o peso da prensa escrita en Redondela naquel momento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp