Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección de “O Corno” no Multiúsos

o corno

Arranca o ciclo de cine en galego que organiza o servizo de normalización lingüística coa proxección de o Corno de Jaione Camborda. Será este venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada a 2 euros. As persoas interesadas poden retirar un bono para as catro proxección que inclúe o ciclo a un prez ode 5 euros.

A primeira das citas deste ciclo de cine en galego é este venres 3 de maio con “O corno, película gañadora da Cuncha de Ouro a mellor película e do Goya a mellor actriz revelación. Ambientada na Illa de Arousa dos anos 70, conta a historia de María, mariscadora e parteira que, tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe na que terá que loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal.

As seguintes proxeccións serán “Sica”o día 10 de maio. No mes de xuño o ciclo continuará coa multipremiada “As bestas”, cinta de Rodrigo Sorogoyen o día 15 e o 22 de xuño rematará o ciclo coa película documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará