Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto e encontro co músico Kilema

kilema

A Biblioteca Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e mais o Coro de Voces Graves de Vigo organizan este venres un encontro co músico malgaxe Kilema que terá lugar no Multiúsos de Chapela o venres ás 19:00 horas. Ao día seguinte o músico ofrecerá un concerto, tamén ás sete da tarde, aberto a todo o público que queira achegarse.
O músico, lutier e activista terá un encontro na Biblioteca Xela Arias con público infantil e xuvenil para falar sobre Madagascar e a súa música, pero sobre todo, para dar unha masterclass sobre o son e as características dos seus instrumentos musicais.
Os instrumentos que toca Kilema baséanse na tradición malgaxe, mais algúns deles foron modificados pola súa man, aproveitando materiais de refugallo.
Kilema xira polo mundo para dar a coñecer a riqueza cultural do seu país, e dentro dun proxecto no que, a través da súa música como medio de transporte, difunde valores, ideas, aprendizaxes e solidariedade.

Mª José Villar, biblioteca de Chapela

A cita será o venres 3 de maio, ás 19:00 h e a actividade está pensada para rapazada a partir de 4 anos, e público familiar. Entrada libre e de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará