O proxecto de reforma presentado polo concello de Soutomaior foi aprobado na xunta de goberno do ente provincial. O alcalde, Manu Lourenzo e máis o presidente da Deputación Luís López mantiveron un encontro no que abordaron tamén outras actuación pendentes como a mellora na estrada de Soutomaior ao seu paso polo núcleo urbano de Arcade ou a mellora dos parque infantís.
Ambos mandatarios destacaron o clima de entendemento no que se desenvolveu a xuntanza na que o alcalde de Soutomaior trasladou ao Presidente a necesidade de abordar melloras na estrada de Soutomaior ao seu paso polo núcleo urbano de Arcade. En relación coa Praza da Aldea, Lourenzo confirmou que o Presidente da Deputación lle informou que hoxe venres a Xunta de Goberno aprobaría o investimento de 170.000 euros necesarios para acometer a mellora da accesibilidade e humanización desta praza situada en Arcade de Riba.
Os proxectos presentados polo Goberno de Soutomaior como o da carreira dos bolos, a Praza da Pedreira ou a mellora dos parques infantís do concello tamén están enriba da mesa grazas a iniciativa do concello e a colaboración da Deputación Provincial.
Manu Lourenzo lembrou nesta xornada o investimento de máis de 60 mil euros que o goberno local levará a cabo no campo de fútbol do Soutomaior Graciano Padín que se financiará integramente con cargo ao plan extraordinario de infraestruturas deportivas da Deputación de Pontevedra e abordou a situación dun proceso xudicializado dos fondos ReacPonpolos que a Deputación debería abonar unha cantidade de 350 mil euros ao concello de Soutomaior.