Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira e Reboreda celebran o Día da Nai

centro cultural

O centro cultural de  Cedeira aposta por un festival de corais que arrancará ás 19:00 horas do sábado. No propio día da nai, o domingo día 5, a Sociedade labrego cultural de Reboreda celebra a partir das sete da tarde unha xornada de convivencia con música e merenda.

A Sociedade Labrego cultural de Reboreda celebra este domingo día 5 o Día da nai con música e merenda. A intérprete de música popular galega Marietta será a encargada de poñer ritmo a unha xornada na que os socios poderán tamén gozar dunha merenda completamente de balde, mentres que os non socios deberán abonar seis euros. Compre inscrición previa na cantina do centro cultural como data límite este venres co obxecto de poder facer previsións sobre as racións de empanada, xamón asado, pan e sobremesas que se van consumir e que se acompañarán de viño, auga e refrescos.

No caso de Cedeira a homenaxe terá lugar o sábado a partir das 19:00 horas con actuación a cargo do grupo folk Airiños do Mar de Teis e a coral polifónica A Raiña de Cedeira, con entrada libre.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará