A tan só dúas xornadas de que remate a liga o Choco logra situarse no terceiro posto da Preferente sur grazas a un magnífico partido disputado no Salvador Otero este domingo.
Céltiga 0-1 Choco
O Choco dominou boa parte do primeiro tempo malia que a oportunidade máis clara neses 45 minutos sería para o xogador do Illa Julio Rey, quen tivo a posibilidade de poñer por diante aos seus nunha acción de contraataque que foi frustrada por Comesaña pouco ante do descanso.
Na segunda parte os locais saíron ao ataque obrigando ao Choco a se repregar para a súa defensa, pero sería Adrian Rodriguez o único xogador que foi quen de marcar xa no minuto 75 dándolle a vitoria aos Choqueiros.
Na vindeira semana o Choco xoga en Santa mariña, recibe ao Moaña.