Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A rúa padre Sarmiento será peonil a partir do 16 de maio

padre sarmiento

O céntrico vial, que comunica o Paseo da Xunqueira coa rúa José Regojo, ten unha lonxitude de 50 metros. Malia que pasará a ser unha rúa peonil, si se permitirá o paso de vehículos para labores de carga e descarga. Dende a Concellería de Infraestruturas explican que a partir do xoves 16 acometeranse traballo de humanización para mellorar a accesibilidade ao vial.

A rúa Padre Sarmiento, que une o Paseo da Xunqueira coa rúa José Regojo, será peonil a partires do próximo 16 de maio. A partir desa data só se permitirá a circulación por esta rúa para operacións de carga e descarga nos lugares habilitados para tal fin. A concelleira de Interior, Rita Pérez, explica que esta actuación busca continuar traballando de cara a  crear espazos máis amables para a cidadanía, dando prioridade aos peóns nos lugares onde é posible”.

A rúa Padre Sarmiento, que ten unha lonxitude duns 50 metros, non conta con entradas para garaxes “polo que esta medida non supón ningún prexuízo para os residentes, que gañarán en seguridade e tranquilidade ao retirar o tráfico da rúa”. A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá os traballos de humanización a partires do día 16 de maio para mellorar a súa accesibilidade.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que este cambio “permite continuar coa transformación iniciada polo goberno local no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”. Facer unha vila con menos tráfico nos lugares onde é posible para reducir a contaminación e o ruído, o que redunda nunha maior calidade de vida para a veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará