Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa de conciliación de Soutomaior atenderá a menores de 3 a 16 anos

souto campamento

O goberno local vén de presentar o programa “Trouleando en Soutomaior” que amplía a idade dos participantes ata os 16 e anos co obxecto de dar este servizo ás familias con nenos e nenas pero tamén con adolescentes. A iniciativa desenvolverase dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro, abarcando así a totalidade do período non lectivo da rapazada.

As actividades enmarcadas dentro deste programa, que busca favorecer a conciliación laboral e familiar das familias así como ofertar aos menores un espazo no que se divertir nas vacacións, desenvolverase no Multiúsos de Arcade e contará con seis quendas. O horario previsto pode ademais varias en función das necesidades dos participantes, que poderán ir de 9:00 a 14:00 horas, ampliar unha hora máis con plan madruga a partir das oito da mañá ou incluso prolongar este horario ata as tres da tarde.

Dende o goberno salientan que nesta edición ademais do espazo de conciliación destinado a crianzas de 3 a 11 anos inclúese como novidade unha propostas orientada a mozos e mozas de 12 a 16 anos con actividades pensadas para estas idades.

As inscricións están xa abertas tanto en liña, na propia páxina web do concello de Soutomaior, como de xeito presencial no CIM no Multiúsos de Arcade ata o 24 de maio.

 información e inscricións para as crianzas de 3 a 11 anos aquí

 información e inscricións para as mozas e mozos de 12 a 16 anos aquí

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará