Olalla Penabella Seijas (Redondela) é técnica superior en automoción e robótica. Falamos con ela sobre o seu proceso académico na escola A Farixa en Ourense, as dificultades que se atopou no camiño e como as foi superando, ademais de curiosidades como a de “ser a única muller técnica na parte de laboratorio” na que traballa.
Tamén conversamos sobre o futuro e a súa intención de formarse no Grao en Intelixencia Artificial, unha carreira novidosa e que estase a implantar con éxito nas universidades galegas.
“O cambio pode ser algo bo, escolle metas pequenas para avanzar de forma máis eficaz e guíate polo que realmente desexas sen escoitar as críticas negativas alleas”, consellos de Olalla Penabella Seijas.