A derrota co Pontellas supón un paso atrás para os redondeláns, que perden o liderado. Mal fin de semana para os equipos de fútbol locais, que suman varias derrotas. Mentres o Club de Remo de Chapela comeza a temporada de traíñas cun bronce na Bandeira do Grove.
Preferente autonómica
Choco 1- Pontellas 2
O Choco frea na súa carreira polo ascenso. Os de Julio Álvarez non puideron co Pontellas, e perderon unha ocasión de ouro para sumar tres puntos que lles terían permitido consolidar as opcións de ascenso. Coa derrota o Choco perdeu o liderado, que agora é do Portonovo, e recorta o colchón que tiña sobre o terceiro clasificado, que se reduce á metade, de 6 a 3 puntos.
O partido de onte comezou co equipo visitante cada vez máis cómodo no campo de Santa Mariña, aínda que non chegaban con perigo á portería local. O Choco, sen embargo, comezou o partido con nerviosismo, e as poucas veces que chegou á meta rival foi en xogadas a balón parado. E así chegou o primeiro gol, no minuto 35, cun tanto de Mario. Xa na segunda metade comezaron dominando os do Pontellas, que conseguiron empatar no min 55 cun gol de Falque. A partir de aí o Choco adiantou as liñas e pasou a dominar máis o partido, pero non puido crear ocasións, e no min 85, unha desafortunada saída de Cortegoso posibilitou que Falque puxera o 1-2 definitivo.
Despois do pau que supón esta derrota o Choco prepara o partido da próxima xornada, que será no campo do Tomiño, terceiro equipo pola cola.
Primeira Autonómica
Arcade 1 – Mondariz 2
Os goles de Alex e Bryan superaron o único tanto local de Miki. Seguen a salvo os de Jacobo Montes, pero con menos marxe sobre os equipos que descenden. Na próxima xornada o Arcade descansa.
Segunda Autonómica
O Chapela 0 – Caldelas 1
Derrota do Chapela, que mantén a segunda praza de grupo, e que pouco influirá xa no resutlado final da liga, xa que os de Luis Ferreira están matematicamente ascendidos. Próxima xornada Erizana-Chapela.
Terceira Autonómica
Alcabre 3- Choco 3
Empata do Choco que co reparte de puntos mantén o 7º posto. Na próxima xornada o Choco recibe ó equipo que está dous postos por riba deles, o Teis.
Nespereira 0 -Louredo 2
Os de Pazos de Borbén suman unha nova derrota, e seguen abonados a última praza do grupo. Próxima xornada Barciademera-Nespereira
TRAÍÑASO Club de Remo de Chapela conseguiu subir ó podio na primeira regata da temporada de Traíñas, que o sábado comezou no Grove. Os redondeláns foron terceiros na categoría xuvenil masculina, detrás de Robaleira e Vilaxoán. Menos sorte tiveron onte domingo, no Trofeo Náutica Vidal, disputado en augas de Vilaxoán. Alí os de Chapela tiveron que conformarse coa 4ª posición. Nos primeiros dous postos cambiaron as tornas, o Trofeo foi para os da casa, o Club de Remo de Vilaxoán, e a segunda praza para Robaleira, terceira foi a embarcación de Cabo de Cruz.