Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Identificado o dono do dedo aparecido no local de hostalaría de Redondela

jose regojo

Trátase dun veciño de Redondela que sufrira un accidente laboral. A súa muller colleu o dedo amputado no lugar do accidente e meteuno nun peto. Desconfía que cando foi tomar algo ao local no que apareceu a falanxe, debeulle de caer ao chan. Non se decatou do acontecido ata que recibiron a chamada da Policía Nacional.

Desvelado finalmente o misterio en torno ao dedo que o luns 29 de abril atopaban as traballadoras desta cafatería-panadería de Redondela cando estaban a varrer. A Policía Nacional, que abría unha investigación logo de coñecer o achádego, descubriu que o dedo pertencía a un veciño que vive a escasos metros do lugar.

A súa muller, Isolina Ramos, confirmou en declaracións á TVG que o seu home perdera o dedo días antes nun accidente laboral o que o levou ao Hospital onde estivo ingresado tres días para a súa recuperación. Isolina foi quen atopou a falanxe na nave na que o home perdera o dedo e decidiu recuperalo. Meteuno nun papel e no peto e non se lembrou ata días despois de que o extraviara. Imaxina que se lle caeu cando foi almorzar a cafetaría. Sería cando recibiron a chamada da policía –que o identificara polas pegadas dixitais- cando se resolveu o caso que fora obxecto de todo tipo de comentarios nos últimos días.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará