Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luciano Otero denuncia esperas de máis de 20 días para conseguir unha cita médica en Pazos

centro saúde pazos

O alcalde de Pazos de Borbén ven de solicitar unha reunión cos responsables do Sergas para abordar a falta de médicos no centro sanitario da localidade que se atopa “nunha situación de emerxencia sanitaria”. Asegura que malia as xestións previas e a reunión anterior no mes de novembro, a situación non mellorou e actualmente atopámonos sen pediatra e sen reforzo para a única facultativa dispoñible.

Luciano Otero cualifica de “alarmante” que para conseguir unha cita médica en Pazos de Borbén se requira esperar máis de 20 días “ademais de ser inaudito pon en risco a saúde da poboación”. Ante esta situación ven de solicitar unha nova reunión urxente co Xerente do Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, quen é responsable directo do persoal do centro médico de Pazos de Borbén. Confía en que esta nova xestión leve a unha solución inmediata e insiste en que “a administración local seguirá traballando incansablemente en colaboración coas autoridades sanitarias para resolver este problema crítico e garantir a saúde da comunidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará